Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O rap de consellos sobre consumo de "Loz Pozzes", novo premio para o IES de Baio

Premio Consumopolis IES de Baio
O rap de consellos sobre consumo de "Loz Pozzes", novo premio para o IES de Baio

Menudo curso para o IES Maximino Romero de Lema. Son innumerables os premios que leva colleitado o centro baiés, gracias á súa implicación, creatividade, e talento sobre todo, no eido audiovisual. O uso da Intenlixencia Artificial tenlle reportado moitos recoñecementos, pero máis importante que o formato é a mensaxe, e ai, a rapazada zaseira está a ser absulamente innovadora.

Así o recoñecía esta mañá o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, que visitaba o centro acompañado da xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez Abeal. Foi no marco da 19ª edición do concurso autonómico Consumópolis, que este ano estaba relacionado coas redes. O lema “En internet cres todo o que ves?” daba boa conta da intención do concurso de promover no alumnado a aprender cousas tan necesarias como o aforo enerxético, saber ver unha factura da luz, como reciclar… pero tamén como usuarios de internet, e facer un bo uso e a saber cales son os nosos dereitos como compradores.

Premio Consumopolis IES de Baio 32

O responsable da Xunta achegouse a Baio porque un dos grupos de 1º FP Básica do CM informática de Oficina gañou o primeiro premio a nivel autonómico, categoría C (3º e 4º ESO e FP Básica). Foi o equipo “Loz Pozzes” formado por Zaira Calo, Joel Fdez, Javier Lema, Álvaro Rivera e Daniel Rojo, baixo a coordinación do mestre Gonzalo de Castro-Acuña os que acadaron outros 1000€ para as actividades do centro.

O grupo soneirán conseguiron case que a máxima puntuación posible, cun divertido e enxeñoso rap dos “Derrochadores fracasados”, no que lanzan unha letra chea de consellos para navegar con seguridade.

Ao longo do día poderemos ver o vídeo na web do centro.

Novas relacionadas

Comentarios