A ponte de Brandomil énchese de cultura co programa de Verán de Zas
Esta fin de semana o programa completísimo que preparou o Concello de Zas para este verán trae dúas citas culturais na ponte de Brandomil. Un concello de Zas que agarda ás citas do Orballo Cultural na Carballeira de Baio para a finde do 20.
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "CAMIÑO XACOBEO-MUXÍA POR BRANDOMIL"
- Venres, 13 de agosto
- 22:00 horas: presentación a cargo do Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e do Vicepresidente Executivo da Fundación Brandomil, Manuel Santos Amiño
- 22:30 horas: proxección
CONCERTO DE FRANSY, DAVIDE E CIBRÁN
- Sábado, 14 de agosto
- 21:00 horas
Para calquera das citas é necesario reservar praza previamente aquí:
Centro Sociocultual de Baio: 981 71 80 56 (de L-V de 09:00 a 14:00 horas)
Centro Sociocultural de Zas: 981 75 13 98 (de L-V de 09:00 a 14:00 horas)