Xoves. 09.12.2021
El tiempo

Baio e Carballo esperan o Orballo Cultural

Orballo Cultural Baio 2021
Orballo Cultural Baio 2021
Baio e Carballo esperan o Orballo Cultural

Semella que o verán vaise establecemendo e dende a produtora costeira Orballo Cultural esperan non ter que adiar as novas citas. Novas citas que pasan pola Carballeira de Baio e o Forum Carballo.

En Baio a cita será a fin de semana do 20 e 21 de agosto. O venres serán Ukestra do Medio e Dj Tristón, mentres que o sábado será momento para os barbanzanos Monolious Dop e os muradáns The Rapants, que veñen de presentar novo single.

A cita carballesa terá que agardar á fin de semana 3, 4 e 5 de setembro, para vermos concertazos como os de Sés, Verto ou as Tanxugueiras.

Xa podedes mercar as entradas en https://www.orballocultural.gal/.

Orballo Cultural Forum Carballo setembro 2021

comentarios