O Proxecto Paisaxes Intelixentes remata coa recuperación de varias sementes tradicionais

Chegou ao seu fin o proxecto Paisaxes Intelixentes, que desenvolveu nos últimos meses o GDR Costa da Morte en colaboración con outros 4 (Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra - Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa). Un proxecto que conseguíu recuperar numerosas sementes da zona, fomentando a proliferación de produto local de máxima calidade.
O Parador da Costa da Morte acolleu a cita de despedida. Foi José Antonio Vila, Xerente do GDR Costa da Morte, o que fixo un repaso das accións que se levaron a cabo na zona amosando os resultados máis destacados do proxecto, coa colaboración dos produtores e produtoras de horta participantes, quen desenvolveron as parcelas experimentais de produtos hortícolas que se pretendía ensaiar co proxecto. Así recuperaron as seguintes variedades autóctonas:
- Tomates das variedades “Negro de Santiago”, “Avoa de Osedo” e “Taller de Lubre”;
- Pementos das variedades “Entenza” e “Guláns”;
- Repolo de Bergantiños;
- Millo negro da variedade “Oubiña”;
- Fabas das variedades “Do Marisco” e “Lourenzá Galaica”.

Destacou tamén a participación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Montecelos cunha plantación de herba para pastos das variedades “Ray Inglés” e “Dáctilo”.
Outros dos agradecementos obrigados foi para o “CPR EFA Fonteboa”, entidade coordinadora das plantacións de horta e do seguimento das producións e tamén da entidade colaboradora “FUNDESAR”.
Lucía Calvo, da “Despensa D´Lujo”, empresa que participou como produtora asociada ao proxecto de cooperación, desenvolvendo varios campos de ensaio de produtos hortícolas.
