Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Comunidade de Montecelos recupera o seu monte para pastos

GDR Paisaxes Monte Celo-zas
O Presidente do GDR Lolo Muíño, a dereita, asinou un convenio cos membros da "Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Montecelos”
A Comunidade de Montecelos recupera o seu monte para pastos

Continúa en marcha o fermoso proxecto Paisaxes Intelixentes, desenvolto polo GDR Costa da Morte. Despois de poñer á Despensa D'Luxo a innovar nos seus cultivos, a entidade comarcal vén de asinar un convenio de colaboración coa “Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Montecelos”, co obxecto da recuperación dunha parte do Monte Veciñal de Montecelos, en Vimianzo.

A idea é ñevar a cabo unha plantación de herba para pastos (variedades “Ray Inglés” e “Dáctilo”) para un aproveitamento con gandería autóctona en extensivo.
No acto de sinatura o GDR entregou á empresa as sementes de ditas variedades de herba.

A recuperación levarase a cabo nunha extensión de entre 8 e 10 hectáreas de superficie do monte veciñal, que estaba cuberta de toxo e outras matogueiras.
Os pastos servirán para o seu aproveitamento polo gando vacún de raza vienesa da Comunidade que tamén servirá para crear un cinto verde de protección e prevención de incendios nesta superficie do monte.

Comentarios