Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os ratiños de Lonxedetodo volven ás bibliotecas de Zas

Ratinos-Lonxedetodo-Concello-Zas copia
Os ratiños de Lonxedetodo volven ás bibliotecas de Zas

Despois de descansaren uns meses, os ratiños de Lonxedetodo volven ás bibliotecas de Zas para traer unha morea de historias aos máis novos da casa. Coa intención de achegalos ao fascinante mundo da lectura dunha forma moi divertida, encargaranse de contarlle e cantarlle os seus contos favoritos.

Para iso estarán no noso municipio dúas veces no mes e sempre comezarán o espectáculo ás 18:00 horas. Estas son as datas:
    •    28 de novembro: “Rato canguro” na Axencia de Lectura de Baio
    •    29 de novembro: “Rato canguro” na Biblioteca Municipal de Zas
    •    12 de decembro: “Viaxe a Sudamérica” na Axencia de Lectura de Baio
    •    13 de decembro: “Viaxe a Sudamérica” na Biblioteca Municipal de Zas
    •    23 de xaneiro: “Un invento para chegar ao ceo” na Axencia de Lectura de Baio
    •    24 de xaneiro: “Un invento para chegar ao ceo” na Biblioteca Municipal de Zas
    •    13 de febreiro: “Unhas botas misteriosas” na Axencia de Lectura de Baio
    •    14 de febreiro: “Unhas botas misteriosas” na Biblioteca Municipal de Zas
    •    20 de marzo: “Animais do bosque” na Axencia de Lectura de Baio
    •    21 de marzo: “Animais do bosque” na Biblioteca Municipal de Zas
    •    24 de abril: “Unha praia particular” na Axencia de Lectura de Baio
    •    25 de abril: “Unha praia particular” na Biblioteca Municipal de Zas
    •    29 de maio: “Viaxe a Brasil” na Axencia de Lectura de Baio
    •    30 de maio: “Viaxe a Brasil” na Biblioteca Municipal de Zas
Esta é unha actividade gratuíta e que está organizada polo Concello de Zas, a través do seu departamento de Cultura, en colaboración coa compañía Trinke Trinke Teatro. 

Comentarios