Venres. 29.03.2024
El tiempo

Rematan as obras de asfaltado nas de vías de Zas

Os traballos realizáronse nas estradas que comunican Baizana e Vilar (por A Parrocha); A Costa e A Devesa e o acceso a O Cadro.

concello-zas-2
Rematan as obras de asfaltado nas de vías de Zas

O Concello de Zas continúa mellorando a súa rede viaria. Precisamente nos pasados días remataron os traballos realizados en distintas parroquias do noso municipio co fin de mellorar, por unha parte, a seguridade vial e, por outra, os accesos a vivendas e a explotacións agrarias.

O proxecto, adxudicado á empresa Construcciones J. Mauri e Hijos S.L. por un total de 90.947 euros con cargo ao POS+ 2018, consistiu no asfaltado de 3 treitos de diferentes lonxitudes situados nas parroquias de Loroño, Vilar, San Adrián de Castro e Zas afectando a unha superficie total de 22.174´12m². Os traballos consistiron na limpeza de cunetas e taxeas e na aplicación dun dobre rego asfáltico sobre o firme existente.

Para o Goberno local, encabezado por Manuel Muíño, a conservación e mellora da rede viaria municipal é unha prioridade polo que nos próximos meses levaranse a cabo máis actuacións en diferentes estradas de titularidade municipal.

Comentarios