Rexistrado un tremor en San Cremenzo, Zas
18:27 06/02/17
Pouco despois da media noite - concretamente ás 00:13 horas - rexistrouse un pequeno movemento de 2.0 graos de magnitude na escala de Richter na parroquia de San Cremenzo de Pazos, situada no municipio de Zas.
Segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional – IGN – o tremor tivo un hipocentro de 11 quilómetros de profundidade. Non se rexistraron incidencias e debido a escasa magnitude foi case inapreciable entre os veciños. Hai uns días, a Terra deixouse notar en Carnés, Vimianzo. Segundo apuntan dende o IGN, "é algo normal" na zona.
Novas relacionadas
- 24-01-17: Un pequeno tremor sacode Carnés
- 15-10-15: Un novo terremoto fai tremer Bergantiños
- 09-10-15: Un terremoto de 3,2 sacude a Costa da Morte.
- 27-12-15: A Costa da Morte tamén vibra con terremotos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)