Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Rocío Leira encheu de suspense o Mes do Libro do IES de Baio

Rocío Leira encheu de suspense o Mes do Libro do IES de Baio
Continúa o Mes do Libro no IES Maximino Romero de Lema de Baio. E tralo percorrido por Zas polo Miúdo con Evaristo Domínguez e Lema Suárez, o alumnado recibiu a toda unha premiada escritora costeira. A ceense Rocío Leira levou as súas novelas “Afogada” e “Veleno en familia” ao centro baiés.

 

A sesión comezou con este booktrailer feito por unha rapaza do IES Laxeiro, a raíz do cal se produciu un animado coloquio sobre esta historia de crimes onde todos son vítimas e verdugos. Centráronse, sobre todo, nas principais protagonistas da novela que son á vez as narradoras que poñen voz a esta historia na que se aborda a situación das mulleres na sociedade rural galega e a complexidade das relacións familiares.

Na segunda sesión a autora reuniuse con alumnos e alumnas de 3ª da ESO para comentar aspectos da súa novela recentemente publicada A afogada, -Premio de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo- que, do mesmo xeito que a anterior, logra manter a intriga no lector ata o final. Falouse da mentira, do maltrato, das relacións familiares tóxicas... máis o tema que máis reclamou a súa atención foi o das altas capacidades da protagonista que mesmo derivou nunha reflexión colectiva sobre o tratamento nos centros de ensino do alumnado con estas características.

Novas relacionadas

Comentarios