Evaristo Domínguez e Xosé María Lema Suárez levaron Zas ao IES de Baio

Continúa vivo o proxecto de Zas polo Miúdo. Comezaba na rede, cunha serie de artigos completísimos, repasando a historia e os recursos de cada parroquia, pasou a convertirse nun libro, e mesmo nunha exposición e agora chega aos centros de ensino en forma de charla.
Os autores Evaristo Domínguez e Xosé María Lema Suárez foron os primeiros en abrir o Mes do Libro do IES Maximino Romero de Lema. A Biblioteca do centro acolleu a seión, na que os autores repasaron o pormenorizado traballo por cada parroquia, partindo da súa xeoloxía e chegando ao seu patrimonio artístico, monumental, natural e paisaxístico, sen esquecer as festas ou as vivencias de persoeiros notables da zona (Os irmáns Romero de Lema, Enrique Labarta Pose, Martínez Posse) ou a presenza da comarca na literatura, sobre todo en Eduardo Pondal. Representa, polo tanto, unha marabillosa guía de viaxe no espazo permitíndonos descubrir recunchos abraiantes como as fervenzas de Rial de Abaixo e tamén no tempo, levándonos a coñecer os primeiros poboadores do concello.
Un xeito ideal de “coñecer as pegadas do pasado no presente do teu propio concello é a mellor forma de implicarse na defensa, preservación e divulgación da memoria patrimonial e facer que se manteña viva”.
Novas relacionadas
- Marzo 2020: O “Zas polo miúdo” de Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema, tamén en exposición.
- Novembro 2020: Presentado o libro “Zas polo Miúdo”, un referente para a recuperación da memoria das parroquias.
- Decembro 2019: O Concello de Zas completa a súa historia con dúas novas entregas de “Zas polo miúdo”.
- A información sobre a parroquia de Baio incorpórase a "Zas polo miúdo”.
- Zas polo Miúdo percorre a historia da parroquia de O Allo
- A parroquia zasensse de O Allo sóbese á rede
- Daneiro, un topónimo único da parroquia de San Cremenzo
- A parroquia de Gándara, polo miúdo na rede.
- O concello de Zas sube á rede a parroquia de Carreira.
- Zas recupera polo miúdo a historia da parroquia de Mira
- Zas potencia a “Ruta dos pazos barrocos” coa contratación dun técnico en patrimonio.
- De ruta polos pazos de Zas
- Coñecendo polo miúdo a historia da parroquia de Zas.
- Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema recuperan os valores da parroquia de Zas pola rede.
- A parroquia de Brandomil protagoniza a nova entrega de “Zas polo miúdo”.
- Zas presenta as súas parroquias a través da rede