O sector baiés do motor celebrou un Nadal solidario

16:26 04/01/20
Os representantes dos talleres de Baio que forman o grupo FEIRAUTO (Talleres J. Lema, Talleres Manuel Montes, Talleres Graíño e Automóviles Celmar) entregaron esta mañá no Concello de Zas os 17 obsequios correspondentes á campaña solidaria “Un coche, unha ilusión” nun acto ao que asistiron tamén o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e o Tenente de Alcalde, Óscar Lema.
Agora será o departamento municipal de Servizos Sociais o que repartirá ao longo destes días os regalos entre as familias que máis o precisen do Concello de Zas. Entre as doazóns hai xoguetes e tamén outros artigos de primeira necesidade, como roupa e calzado.
As achegas realízanse en función das demandas do departamento de Servicios Sociais.