Solicitan a inclusión de varias Brañas da Costa da Morte no Catálogo de Humidais


A asociación trata coa campaña de sensibilización ‘Humidais para a vida’ “concienciar á poboación galega da importancia das brañas e turbeiras e das agresións ambientais que sofren constantemente estes hábitats prioritarios malia seren zonas de alto valor ecosistémico”.
”As zonas húmidas son indispensábeis polos innumerábeis beneficios ou servizos ecosistémicos que brindan á humanidade, desde subministración de auga doce e alimentos, acubillo de biodiversidade, até o control do aumento do caudal dos ríos, recarga de augas subterráneas e mitigación do cambio climático, así como a captura de CO2 como no caso das turbeiras”, afirma Roberto Vilela, voceiro de Ecoloxistas en Acción.
A entidade lembra que dende a creación do Inventario aló por 2008, a Xunta só incluíu unha única zona húmida en réxime de protección (o parque nacional das Illas Atlánticas) a pesar de contar cun informe propio con máis de un milleiro de humidais que demandan un coidado extremo.