“A Libraría Torre Penedo é un lugar con historia”

- A.G.R: Como nace Torre Penedo?
Meu sogro tiña un baixo, decidimos collelo e apostar por abrir unha libraría no pobo. No ano 1986 abrimos en Baio, ao lado do colexio e despois duns anos, (vendo a boa acollida que tivera a libraría por parte do público) decidimos abrir tamén en Laxe.
- A.G.R: Que tipo de libros ofertades?
De todo tipo, tanto de texto e como de literatura, e dentro de literatura de todos os xéneros.
Perfecto coméntanos que actualmente son a súa nora e o seu fillo Martín, grandes apaixoados da lectura, os que levan o negocio actualmente o negocio. Falamos con Martín, claro exemplo de relevo xeracional.
- A.G.R: Cando colles ti o relevo do negocio?
Fai uns seis anos, decido apostar por quedar aquí e adicarme a levar a libraría. Torre Penedo é un lugar con historia. Temos moitos clientes de Baio cuxos pais compraban aquí os libros e cuxos fillos seguen a confiar en nós. É motivo de orgullo como varias xeracións teñen como referencia a Torre Penedo para mercar libros de texto.
- A.G.R: Cando nace a túa aficción polos libros?
A miña aficción polos libros comeza despois de rematar os estudos. Digamos que comeza, unha vez que que os libros deixaron de ser obrigatorios para min. A partir de aí empezo a ler coleccións que me gustan e me afeccionan.
- A.G.R: Cal dirías que é a presenza dos libros en galego nas estanterías dos máis pequenos?
Pois ao longo destes anos fun vendo como a presenza dos libros en galego se ía incrementando considerablemente. Hoxe en día pódese dicir sen lugar a dúbidas que os pequenos len máis en galego.
- A.G.R: E os adultos?
Máis en castelán con diferenza.
- A.G.R: Que diferencia a Torre Penedo doutras librarías?
A atención personalizada que damos a cada cliente e a continua actualización das novidades en libros. Ademais saben que se precisan calquera libro que non teñamos en tenda, nun prazo de dous día, conseguímolo.
- A.G.R: Recomendacións literarias para o mes de xullo:
Para os pequenos, Lucca, (da que recentemente saiu a película de Disney) ou o Diario de Greg, que sacaron a colección en galego e estase a vender moi ben.
Para os adultos véndese moito calquera da colección de Megan Maxwell.