Mércores. 04.08.2021
El tiempo

Arroutada: "O que máis se vende é o libro infantil en galego, pero en adultos é difícil que entre os dez libros máis vendidos haxa algún en galego"

Dimas e Tamara son Arroutada en Muxia cumpren 2 anos
Dimas e Tamara son Arroutada en Muxia cumpren 2 anos
Arroutada: "O que máis se vende é o libro infantil en galego, pero en adultos é difícil que entre os dez libros máis vendidos haxa algún en galego"

Hoxe achegámonos ata o pobo mariñeiro de Muxía para falar con Dimas Búa e Tamara Orizales, creadores de Arroutada, unha tenda moi singular, á que decidiron dar un cambio total e habilitar nela un apartado para libraría.

Situada na  Rúa Mariña, 23, en maio cumpríronse dous anos dende que estes emprendedores decidiron dar un cambio total ás súas vidas e voltar a Muxía para facer realidade o soño de emprender.

Libros en Arroutada
    •    A.G.R: Cando nace Arroutada?
Arroutada xurde cando se nos brinda a oportunidade de continuar co legado familiar, volvendo a Muxía e rexentando unha tenda que xa era de meus pais e levaba moitos anos aberta. Cando decidimos collela, Tamara e máis eu, pensamos que era moi boa idea  darlle un cambio. O nome de Arroutada iba unido ao noso cambio de vida, de pasar moitos anos vivindo en Coruña a  voltar a Muxia nunha arroutada.


    •    A.G.R: Por que decidichedes contar cun espazo para os libros?
Detectamos que en Muxía non había ningún sitio onde mercar libros. Se precisabas ou querías mercar un libro tiñas que desprazarte ata Cee.  Así, acordamos facer unha remodelización total da tenda, mantendo a esencia de antes pero apostando por  engadir libraría e papeleróa.

    •   A.G.R: Como dirías que foi  a acollida do público?
Moi boa. En Maio cumplimos dous anos dende que collemos a tenda e estamos moi contentos. Ao principio sí que pensamos, que se lle dicías a alguén que querías vender libros en Muxía podía pensar que estabas tolo, pero finalmente resultou ter moi boa acollida. É moi bonito que os nenos che veñan coa ilusión de coller libros deste ou daquel personaxe.


    •    A.G.R: Que tipos de libros ofertades?
Temos moita variedade, dende libros de autores locais a best seller. Ao estar en zona de porto, temos que ter todo tipo de novidades para os peregrinos. Cando veñen á tenda piden thriller, de amor, ou calquera outra temática. Intentamos ter libros e temáticas variadas á disposición do cliente.


    •    A.G.R: Facedes algunha actividade como libraría?
É complicado porque somos  tenda,  e temos moitos máis apartados ca libraría, pero sí que temos un pouco o rol de facilitadores; explícome. Tentamos ter moitos libros en Muxía, de  autores que estean vencellados á nosa comarca, por exemplo a poeta carballesa Rosalía Fernández Rial ou Xan, seu pai, que é  historiador. Os  libros de Xan, son unha moi boa opción para que a xente coñezca a nosa zona. Coa publicación do último poemario de Rosalía,  Árbores no Deserto, fíxose unha exposición aquí en Muxía e sí que fixemos de lazo para que, despois da exposición as persoas interesadas,  puidesen aceder e adquirir ao libro. Nesa parte da tenda sí que tentamos axudar á xente e darlle visibilidade aos seus libros.

    •    A.G.R: En que dirías que se diferencia a libraría de Arroutada dunha libraría convencional? Que produtos ofertades a maiores?
Intentamos ofertar, como decimos nós "un pouco de todo". (Risas) Calquera cousa que poidas precisar se visitas Muxía, dende o máis básico a algo xa máis especializado. Pretendemos que as persoas da comarca non teñan que facer X quilómetros para conseguir unha cousa que en calquer momento poidan necesitar. Ese é o noso obxectivo.


    •    A.G.R: Tedes moi boas opinións e valoracións por parte dos vosos compradores. Que diriades que é o que máis valora a vosa clientela?
O que máis valora a nosa clientela, sen dúbida, é a confianza e o trato de ti a ti. Moitas veces é o saber que ti lle podes recomendar ou ofrecer algún segundo as suas preferencias, que che poden pedir algo que non tes en tenda e conseguirllo, a confianza que permite dicir "gárdame isto que despois veño por el"… Ten que ser unha confianza bidireccional, é dicir, o cliente confía en nós e nós confiamos no cliente. Este trato non o ofertan as tendas grandes, e é algo que os clientes valoran moito. Digamos que é como volver un pouco ao concepto de tenda de barrio, dándolle un toque moderno. A idea é recuperar esa esencia, venderlle aos clientes que teñas cerca e facelos sentir coma da casa. É curioso, porque isto pasa igualmente cos turistas e peregrinos que veñen todos os anos. Intentamos non ser só un lugar de paso. Cando chegan síntense como na casa, e eu digo que eles son tamén da familia de Muxía. (Risas)

Libraria Arroutada en Muxia


    •    A.G.R: Cal diriades que é a presenza de libros en galego nas estanterías dos máis pequenos?  E dos adultos?
Sen dúbida diría que a presenza dos libros en galegos é maioritaria nos estantes dos máis pequenos. O que máis se vende é o libro infantil en galego. É difícil que entre os dez libros máis vendidos para adultos, haxa algún en galego. Os grandes autores sácanos en castelán, e a posteriori sae a traducción. Como che decía, en infantil é ao revés, véndese moito máis en galego; cousa que está xenial para que os nenos o aprendan.


    •    A.G.R: Recomendacións literarias para este mes de xuño?
A min gústanme os libros de thriller e agora mesmo estou a ler "El día que se perdió la cordura" de Javier Castillo.  Tamara está co último libro de Elisabet Benavent, que está a ter moito éxito. Chámase "El arte de engañar al karma".

comentarios