Un ciclo de monografías repasa a arquitectura, a bioloxía e a historia das Torres do Allo
08:12 29/09/17
Despois dun intenso verán cun incremento de visitantes e cun completo programa cultural, o concello de Zas - a través da súa concellería de Cultura - vén de dar a coñecer as novas citas que terán lugar ao longo do vindeiro mes de outubro no pazo das Torres do Allo. Trátase dun ciclo de monografías no que distintos expertos abordarán disciplinas que están e estiveron vinculadas ó pazo, e que as fan realmente atractivas para coñecer o valor inmaterial que atesouran as Torres do Allo.
"Monografías do Allo" desenvolverase todos ós sábados de outubro ás 17 horas no propio pazo e a asistencia é de balde, ao igual que as demais actividades que se realizan en dito monumento.
A primeira cita é o día 7 con Jesús Ángel Sánchez. Este doutor en Historia da Arte falará das Torres do Allo no contexto da arquitectura dos pazos, facendo un repaso entre os séculos XVI e o XIX. O sábado seguinte, día 14, será o turno do arquitecto Iago Seara que falará da "Restauración das Torres do Allo". A terceira monografía virá da man do catedrático de Bioloxía e Xeoloxía Xosé A. Fraga Vázquez quen disertará sobre "A actividade científica do naturalista Víctor López Seoane, señor do pazo das Torres do Allo na fin do século XIX". "Monografías do Allo" remata o sábado 28 de outubro coa intervención de Xosé María Lema Suárez - catedrático de Xeografía e Historia - que traerá "Notas sobre os pazos e casas fidalgas da Costa da Morte".
Máis información
Novas relacionadas- Enfoques do Allo que que trascenden as redes sociais
- As Torres do Allo acollen a entrega de premios do concurso de fotografía co móbil.
- As Torres do Allo mudan o seu horario de visita
- As Torres do Allo incrementan nun 126% o número de visitantes con respecto ao mesmo mes do ano pasado
- Cinco razóns (ou máis) para visitar as Torres do Allo
- A música e o cine volven ás Torres do Allo
- As Torres do Allo bate récord de visitas
- De ruta polos pazos de Zas
- Continúan as actividades nas Torres do Allo
- As Torres do Allo énchense de música clásica, xogos e visitas guiadas durante a fin de semana
- Zas promociona as Torres do Allo a través dun concurso de fotografía
- As Torres do Allo dixitalízanse e énchense de actividades
- As Torres do Allo estrean horario de verán
- Un grupo de profesores de distintas universidades visitan as Torres do Allo
- Lucho Penabade: “O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo son os escenarios ideais para as visitas teatralizadas”
- Abril 2017: As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo na Semana Santa
- Xaneiro 2017: As Torres do Allo estrean folletos
- Xaneiro 2017: Os mil segredos das Torres do Allo
- Novembro 2016: 140 alumnos de Zas aprenden a historia da comarca nas Torres do Allo
- Setembro 2016: As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño
- Setembro 2016: Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán
- Setembro 2016: 400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo
- Xullo 2016: Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses.
- Xullo 2016: As Torres do Allo potencian o seu pasado.
- As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo
- O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas