Martes. 23.04.2024
El tiempo

Un Nobel máis que coñece a fin do mundo da man de Jorge Mira

Un Nobel máis que coñece a fin do mundo da man de Jorge Mira
Os Premios Nobel con Jorge Mira e Jose Traba no km.0  en Fisterra Continúa o programa ConCiencia da Universidad de Santiago de Compostela traendo Premios Nobeis a Galicia. E gracias a que un dos seus fundadores e responsables é veciño da nosa bisbarra, o baiés Jorge Mira, a meirande parte dos que chegan coñecen á fin do mundo. I é que por algo vén de ser nomeado o Mellor Embaixador da Costa da Morte pola APTCM (por certo que esta semana coñeceremos un novo recoñecemento que vén de recibir). Este baiés, físico e divulgador de vocación, segue facendo que persoeiros de primeira orde mundial no eido da ciencia, coñezan de primeira man a nosa bisbarra. Como xa fixera co mítico Hawking no 2008, ou cos Kroto, Fert, Richard Attenborough, Wiesel... (xa van arredor de unha ducia de nobeis os que pasan por aquí) este ano o programa Conciencia achegou ao noso país ao Nobel de Medicina no 1993 Richard Roberts. Aquí os vemos no Km.0 do Cabo Fisterra, co alcalde fisterrán José Manuel Traba. De feito, quedou enriba da mesa a proposta de facer unha exposición con fotos destas visitas ilustres. Pero tamén coñeceron a fermosa ruta camariñá dende Camelle ao Cabo Vilán, disfrutando das praias do Trece, o cemiterio dos ingleses, etc. A visita finalizou,como non, na vila natal do físico galego, en Baio.

A través da canle de TV da USC

E podemos disfrutar da conferencia que Roberts deu na USC baixo o nome "Por que me gustan as bacterias". Primeiro ollamos a presentación do coordinador e director do Programa ConCiencia, Jorge Mira: I aquí vos deixamos cun estracto da conferencia que Roberts deu na USC baixo o nome "Por que me gustan as bacterias". Lembramos ademais que Roberts recibiu o Premio Nobel en 1993 xunto con Phillip A. Sharp polo seu descubrimento dos intróns, fragmentos de ADN que están presentes nos xenes pero que non codifican información.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios