Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A Universidade Sénior lanza unha nova oferta de cursos para os nosos maiores

Foto - Inauguración 5a edición 2023
Imaxe da inauguración do curso do último trimestre do ano pasado
A Universidade Sénior lanza unha nova oferta de cursos para os nosos maiores

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha neste ano 2024, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e mailo Concello de Zas, a 6ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de febreiro a abril, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.org/costa-da-morte/ )  ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellosdende o 1 ata o 14 de febreiro.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MÓDULO I. PATRIMONIO E SOCIEDADE

19 de febreiro, “O imaxinario social da natureza e os seus desastres” - Prof. Elvira Santiago Gómez

27 de febreiro, “A moda a través da historia” - Prof. Elvira Lezcano González

29 de febreiro  “Zas: Unha cidade e unha historia” - Prof. Miguel Abelleira Doldán

1 de marzo, Visita Cultural á Coruña - Prof. Miguel Abelleira Doldán

MÓDULO II. CIENCIA E TECNOLOXÍA

4 de marzo, “I+D e Innovación en Galicia”  -Prof. Alfonso Bravo Juega

5 de marzo, “Situarse no mar: o ceo como guía” - Prof. Alsira Salgado Don

11 de marzo, “Ciencia con datos” - Prof. Salvador Naya Fernández

12 de marzo, Saída de Campo á Casa das Ciencias (Planetario)  - Prof. Alsira Salgado Don

MÓDULO III. SAÚDE E BENESTAR

18 de marzo, “Factores de risco de demencia” - Prof. J. Luis Rodríguez-Villamil Fernández

19 de marzo, “Que e o edadismo? Reflexionando para acadar unha sociedade inclusiva - Prof. Raquel Veiga Seijo

1 de abril, “Augas termais e Saúde” - Prof. Rosa Meijide Faílde

2 / 3 de abril, Saída de Campo ao Balneario de Carballo Prof. Rosa Meijide Faílde

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas de Costa da Morte, ca intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.

Máis novas

Comentarios