Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Veciñ@s polo mundo: "O camiño que leva o noso país foi unha das razóns que me fixo marchar"

Veciñ@s polo mundo: "O camiño que leva o noso país foi unha das razóns que me fixo marchar"
Antonio Souto, segundo pola esquerda, vive en Mexico e na sua casa xuntase habitualmente con xente da zona Antonio Souto, segundo pola esquerda, vive en Mexico e na súa casa xuntase habitualmente con xente da zona. De esquerda a dereita: Xavi Alvedro (Arteixo), Antonio Souto, Pedro Fernández (A Coruña) e Pablo Honey (Romelle-Zas) Hoxe viaxamos ata a cidade de Jalisco para coñecer o día a día de Antonio; unha persoa moi coñecida e querida en Zas onde foi concelleiro durante case tres lexislaturas - con Lolo Muíño - e percorreu moreas de granxas da zona co seu oficio de veterinario. Ainda que leva pouco tempo vivindo alí, ten xa moitas anécdotas que contar.
  • QPC: Como te chamas?
Antonio Souto Ferraz.
  • QPC: De onde eres?
Crieime en Moraña - Pontevedra -, pero fun a traballar para Zas aos 24 anos onde vivín máis de vinte anos. Así que son costamorteño de adopción e de amizades.
  • QPC: Onde vives agora?
En Guadalajara, Jalisco (México).
  • QPC: Por que motivo te trasladaches aí?
A miña empresa ten filiais por latinoamérica e pedín o traslado.
  • QPC: Canto tempo fai que te mudaches?
En xaneiro do 2015; fai ano e medio.
  • QPC: En que traballas?
Nunha empresa multinacional catalá que se adica á prevención en saúde animal; son veterinario de vacas.
  • QPC: Que é o que máis botas de menos da Costa da Morte? Tes morriña?
Os amigos, a Festa da Carballeira e o churrasco.
  • QPC: Manteste ao día da actualidade costeira? Como?
Sí, pola prensa dixital e polas conversas por Skype cos amigos. 
  • QPC: Cantas veces ao ano viaxas a casa?
Unha vez ó ano.
  • QPC: Que tal embaixador eres da túa terra? Canta xente tes traído de aí a visita a Costa? A canta lle tes falado dos nosos recunchos?
Pois teño que dar moitas charlas e sempre comezo cun mapa coa localización de Zas e unhas fotos da Costa da Morte, da catedral de Santiago, da Festa da Carballeira, do Faro de Fisterra e dun plato de pulpo.
  • QPC: Que diferencias máis grandes atopas entre o teu novo lugar de residencia e a Costa da Morte?
Primeiro que esta cidade ten uns poucos máis habitantes ca Zas, concretamente sete millóns. O clima é outras das grandes diferenzas xa que aquí fai bo tempo todo o ano, ate o punto de agradecer cando chegan as choivas en xuño. E tamén a vitalidade da xente de aquí. Boto moito de menos a política e os amigos que teño na Costa da Morte.
  • QPC: Que cousas importarías para a Costa da Morte e que cousas levarías de aquí para aí?
Exportaría un pouco de sol para aí e traería aquí un pouco de respeto pola terra. En México coidan moi pouco o medio ambiente e iso que teñen unha terra moi fermosa. Levaría tamén para aí a vitalidade desta xente que, a pesares dos problemas e das dificultades que teñen, sempre están de bo humor. Son moi corteses e faladores. Traería tamén para aquí un pouco de igualdade social. Ésta é unha sociedade moi desigual, ainda que vexo que en España imos polo mesmo camiño se a xente non o remedia co seu voto.
  • QPC: Cóntasnos algunhas anécdotas que che aconteceron por aí?
Aquí chamalle moito a atención como falamos. É moi frecuente que che falen e pregunten de onde eres. Precisamente, fai unhas semanas, una rapaza filla de asturianos emigrados aquí, que comía na mesa do lado, sentouse conmigo e puxémonos de conversa. É algo que me pasa a miúdo.
  • QPC: Atopácheste con algún veciño costeiro máis? Xúntaste con galegos ou costeiros habitualmente?
Atopeime cunha familia da Coruña e con outra de Vilagarcía. Teño un bo amigo no DF de Arteixo e, a miúdo, xuntámonos con otro amigo de Romelle (Zas) que vive en New York.
  • QPC: Volverás á túa terra? Cando?
Non o creo. O camiño que leva o noso país foi unha das razóns que me fixo marchar e non me gusta o que sigo vendo. Vexo pouca esperanza de cambios e aborrezo no que nos estamos a converter. Non recoñezo o meu país. Non entendo como a xente atura tantas e tantas cousas que pasan todos os días.   

Veciñ@s polo mundo

Estes son algúns dos amig@s que xa temos visitado polo mundo. Se queres contarnos a túa historia ponte en contacto en [email protected], polo Facebook Que pasa na Costa ou no whatsapp 637 704 893.

Outros artigos migratorios

Serie “De Carnota a Astoria: “Vin porque me trouxeron, non quería vir””, por Manuel Vilar

Fonte

Comentarios