Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vivindo, en primeira persoa dende a escola, a diversidade

Diversiescola de Integro nos coles
Vivindo, en primeira persoa dende a escola, a diversidade

Moi necesaria é a acción da Diverescola de Íntegro, enmarcado no programa Capacíta-T. Esas visitas escolares que fan que o alumnado viva en carne propia as dificultades que teñen que pasar as persoas con diversidade. O simple feito de poñer nocilla nunha tostada cunha soa man convírtense nunha odisea e de aí que aprendan a respectar e valorar o esforzo de todas esas persoas.

Así o viviron os 71 nenos e nenas do CPI de Zas e do CEIP Nétoma –Razo de Carballo que participaron nas xornada de sensibilización sobre a inclusión.

En Razo converteron os pupitres en improvisados circuítos de obstáculos e os libros en leccións orais de vida e superación. Desde primeira hora da mañá, a monitora de ocio e tempo de lecer Lucía Blanco protagonizou, xunto aos usuarios Noé e Yoli, unha xornada de sensibilización repleta de xogos e diversión na que participaron 51 nenos e nenas divididos en tres grupos, dous de infantil e outro de 1º e 2º de primaria, que agardaban ansiosos/as e con expectación a visita da nosa asociación.

En Zas, acción realizada hai unhas semanas, unha vintena de alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de achegarse á diversidade da man de Rubén e Jessi, dous usuarios/as do centro, cos que pasaron unha mañá moi amena e proveitosa realizando probas e escoitando historias que falaban de igualdade e inclusión.

Aínda que moitos/as aseguraron coñecer a persoas con disCapacidade na súa contorna, moi poucos sabían do seu día a día. E para descubrilo, non dubidaron en poñerse na súa propia pel demostrando as súas habilidades e destrezas nunha serie de probas con mobilidade reducida e os ollos tapados.

Comentarios