venres. 07.02.2025
El tiempo

A Xunta xa recoñece o primeiro manual escolar galego sobre IA feito por dous docentes de Baio

20250121IESMaximinoRomeroLemaZas
Visita da Conselleira ao IES de Baio
A Xunta xa recoñece o primeiro manual escolar galego sobre IA feito por dous docentes de Baio

Levamos meses destacando o importante traballo de innovación educativa dos mestres do IES de Baio Fina Paulos e Óscar Rey Calo, tanto no uso directo da Intelixencia Artificial para motivar ao seu alumnado, como na creación dun libro sobre a implantación da IA no ensino.

Así o recoñeceu, por fin, a Xunta, coa visita onte ao IES Maximino Romero de Lema da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Judith Fernández gabou a aposta pola innovación educativa dos dous docentes deste centro destacando a creación do primeiro manual escolar de intelixencia Artificial en Galicia, dando conta da súa utilidade para abordar un enfoque responsable das posibilidades da intelixencia artificial. 

A directora xeral explicou que foi precisamente esta necesidade de fomentar un uso axeitado desta nova ferramenta desde a escola o que impulsou ao Goberno galego a poñer en marcha a materia Intelixencia artificial para a sociedade en 4º de ESO, que se complementa  en 1º de Bacharelato coa materia Tecnoloxías intelixentes. Entre as dúas, no seu segundo curso de implantación, contan xa con máis de 3.000 alumnos matriculados.

Aplicación práctica e desafíos éticos

Editado por Medulia, o manual Intelixencia artificial para a sociedade propón un achegamento a estas novas tecnoloxías desde unha visión clara e pedagóxica. Inclúe tanto a perspectiva teórica, cun repaso sobre a evolución da disciplina, como múltiple supostos prácticos con información arredor das principais ferramentas neste eido e as súas posibilidades de aplicación. O libro reflexiona, así mesmo, sobre os desafíos éticos, sociais e legais da intelixencia artificial.

Máis novas do proxecto

Comentarios