Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Youenn Le Berre, flautista de Gwendal: "O público da Festa da Carballeira de Zas transmite maxia"

Youenn Le Berre, flautista de Gwendal: "O público da Festa da Carballeira de Zas transmite maxia"
youenn-le-berre-gwendal Youenn Le Berre, líder da banda Gwendal, que actúa esta noite na Festa da Carballeira de Zas. Imaxe: Gwendal Durante décadas, o mítico grupo bretón Gwendal levou a súa fusión das músicas celtas, rock e incluso clásica por máis de 1000 escenarios de todo o mundo. Precisamente, este ano cumplen 45 anos que o celebrarán no concerto que ofrecen esta noite no marco da 34ª edición da Festa da Carballeira de Zas. Youenn Le Berre é o flautista e o líder de Gwendal; unha das bandas máis representativas, carismáticas e lonxevas da música celta e folk.
  • QPC: Despois de actuar en máis de 1000 escenarios de todo o mundo, ¿que ten de especial tocar na Festa da Carballeira de Zas?
Despois de tantas actuacións, cada concerto é particicular e sempre é ten unha sensación diferente. Recordo a última vez que tocamos na Festa da Carballeira de Zas - no ano 2010 - onde había unha gran festa chea de xente con moitas ganas de pasalo ben e cunha queimada que nos gustou moito!.
  • QPC: Que ten de especial o público de Zas?
O público da Festa da Carballeira de Zas transmite unha maxia que é o resultado da mistura entre a alegría e a enerxía da xente. Ademais, o sitio axuda moito xa que é moi bonito. 
  • QPC: ¿Cales son os temas que se escoitarán esta noite?
No concerto desta noita tocaremos o repertorio do noso último disco grabado en directo en Getxo - "Live in Getxo" -, no que hai temas dos inicios do grupo e temas máis actuais.
  • QPC: Cando naceu Gwendal, aló polo ano 1972, imaxinaban que seguirían subíndose aos escenarios no ano 2017?
Por suposto que non! O grupo naceu sen concepto de carreira. Co paso dos anos e coas influencias dos músicos que pasaron polo grupo, o son de Gwendal evolucionou ata o que é agora. As nosas composicións están inspiradas en melodías irlandesas e bretonas e un ritmo rock. 
  • QPC: Cal é segredo para manter vivo un grupo musical durante 45 años?
Pois non o sei... Non hai ningún segredo, quizais sexa un amoldamento entre os nosos sons e o gusto do público. Tamén se pode dicir que unha música instrumental con temas populares e arranxos modernos segue tendo as cores de cada época o cal fai que a xente se sinta próxima a nós. Tamén grazas ao público español que, en xeral, é un público moi fiel.
  • QPC: Como evolucionou o grupo ao longo dos seus 45 anos de historia?
O espírito dos comezos é o mesmo. Seguimos conservando a idea de ofrecer ao noso público unha mistura de músicas diferentes. A primeira evolución foi cando chegou a batería e a guitarra eléctrica ao grupo - aló polo terceiro disco - e despois coa chegada de cada novo músico. 
  • QPC: Segue viva a música celta?
Por suposto que si!
  • QPC: Cales son os próximos concertos de Gwendal despois de actuar en Zas?
Mañá sábado tocamos no Sauga Folk Festival, en Colindres (Cantabria). Cartel-da-Festa-da-Carballeira-de-Zas-2017  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios