Zas acolleu a 13ª xornada da Liga Galega de Billarda

Os exteriores do pavillón municipal de Zas acolleron este pasado domingo pola mañá a 13ª xornada da Liga Galega de Billarda que reuniu a un bo número de xogadores e xogadoras de toda a comunidade.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, foi o encargado de realizar a entrega dos trofeos e dos agasallos doados polo Concello de Zas e aproveitou a ocasión para “abrir as portas do noso concello a vindeiras citas deste deporte tradicional”.
Esta foi a clasificación:
ABSOLUTA
• Campión: Viqueira (Cochiqueiros - Cerceda)
• Subcampión: Kiko (Billarda Río Miño - Castro de Ribeiras de Lea)
• Terceiro clasificado: Alberte (Cochiqueiros - Cerceda)
FEMININA
• Campiona: Merche (APB - A Laracha)
• Subcampiona: Irene (Cochiqueiros - Cerceda)
• Terceira clasificada: Esther (Cochiqueiros - Cerceda)
INFANTIL
• Campión: Adrián (Billarda Río Miño - Castro de Ribeiras de Lea)
• Subcampiona: Noa (Campo da Feira - Paiosaco)