Luns. 07.10.2024
El tiempo

Zas dedicará mais de trescentos mil euros ao POS+2018

Zas dedicará mais de trescentos mil euros ao POS+2018
O Concello de Zas aprobaba onte en pleno as cantidades e obras a incluir dentro do denominado POS+ 2018 que cofinancian Deputación provincial e Concello. Vilar-Artón no Concello de Zas Como en case tódolos concellos da bisbarra, Zas destinará os cartos incluidos neste plan a varias actuacións que, no caso do concello zasense serían:
  • A mellora do aglomerado en Vilar-Artón, As Abellas-Brandoñas e enlace con San Adrian e Vilar por 139.505€
  • A mellora dos viais de Baizana-Vilar (por A Parrocha), A Costa-A Devesa e acceso a "O Cadro" con investimento de 90.947€
  • Mellora dos viais de Sixto, San Cremenzo (por Vilar de Gándara) por un valor de 86.364€
O Concello de Zas achegará como parte da cofinanciación destas actuacions 637,49€ mentres a Deputacion aportará os 316.180€ restantes. Tamén foron aprobados os investimentos financieiramente sostibles e consistentes no acondicionamento de cunetas en estradas asfaltadas de titularidade municipal por un custe de 153.156,33€ e a mellora dos viais de Pudenza, Brandomil e Armán e acceso ao campo de fútbol de Muiño por un montante de 45.911,79€. A todas estas propostas o Partido Popular se abstivo, segundo indican desde o equipo de goberno.

Comentarios