Xoves. 27.01.2022
El tiempo

Zas disfrutou dunha fin de semana de bici e aventura

Zas disfrutou dunha fin de semana de bici e aventura

A pasada fin de semana foi completa no Concello de Zas. Pequenos e maiores disfrutaron das actividades deportivas artelladas dende o Concello.

Día da Bicicleta

Unhas 150 persoas de todas as idades tomaron a saída o domingo 21 na ruta programada polo Concello. Foi un paseo de case 30km. que rematou cun xantar de convivencia e co sorteo de agasallos, nos que resultaron afortunados: Damián Pardiñas (casco ciclista), Susana Romero (equipación ciclista) e Isabel Novo (bicicleta). Todos eles recibiron os obsequios de mans do alcalde Manuel Muíño, que tamén participou na ruta.

Xornada do deporte de aventura

Ademais, o sábado 20 de agosto, 30 mozos e mozas do concello desplazáronse ata Naturmaz, á beira do embalse da Fervenza, onde realizaron actividades como escalada, tirolina, paintball ou piragua.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Fidel Otero, do Concello de Zas.

comentarios