Zas esixe a ITV

11:15 03/03/11
Continúa a problemática ca ITV. Segue sen haber compromiso real de desbloqueo por parte da Xunta de Galicia, e en breve se convocará unha manifestación de non poñela en marcha. Así o acordaron o pasado 18 de febreiro GDR Costa da Morte e Platafoma polo Desenvolvemento, que avisaron que de non desbloquearse convocarían unha manifestación pública.
Polo de pronto, dende o BNG xa levantaron sendas pancartas reivindicativas tanto en Zas como en Baio. Ademais, concello e asociacións veñen de asinar o seguinte manifesto.
De feito, ante a falta de resposta da Xunta, este sábado 5 de marzo, ás 13:00h no Auditorio de Zas, está convocado un pleno extraordinario para tratar o asunto. Prevese un aforo moito máis grande do habitual.
Manifesto pola ITV
As asociacións do concello de Zas, abaixo asinantes convocadas polo Goberno Municipal, hoxe 26 de febreiro de 2011, MANIFESTAMOS: O noso rexeitamento a actitude da Xunta de Galicia polo retraso deliberado e inxustificado das obras de construción da I.T.V do polígono do Allo. Non se pode admitir que por uns intereses meramente electorais, se retrase unha unha infraestrutura que creara postos de traballo e riqueza no noso concello e en toda a costa da Morte. Esiximos a Xunta de Galicia que autorice inmediatamente o inicio das obras de construción da I.T.V no polígono do Allo. Acordamos, asimesmo, sumarnos e apoiar tódalas medidas que adopte a plataforma polo desenvolvemento da Costa da Morte e o propio Concello de Zas co obxectivo de conseguir que remate a agresión, inxustificada e intolerable que se está a levar a cabo pola Xunta de Galicia contra este concello e toda a Costa da Morte, retrasando deliberadamente o inicio das obras de construción da I.T.V .Novas relacionadas
- A Costa manifestarase se en 15 días non se desbloquea a ITV de Baio.
- O GDR Costa da Morte, con 13 novos proxectos en marcha, analiza a situación da ITV.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Zas.