Zas pon buses para a manifestación da Coruña contra o peche das sucursais de Abanca
Tralas concentracións nas vilas de Baías e Zas, toca demostrar o cabreo na Coruña. E por iso os Concellos de Vimianzo, Zas e A Baña veñen de convocar unha manifestación para este xoves 2 de setembro, ás 11:30h, diante da sede de Abanca na capital herculina.
Para facilitar a mobilidade, o Concello de Zas habilita autobuses.As persoas interesadas deberán anotarse antes do 1 de setembro chamando á Casa do Concello ou aos Centros Socioculturais de Baio ou de Zas. “Imos esgotar todas as posibilidades que temos na nosa man para lograr que Abanca reconsidere esta decisión”, sinala o alcalde zaseiro Lolo Muíño.
Os buses sairán ás 9:00h dende Limideiro e irán parando polas parroquias ata saír de Sixto ás 10:00h cara Coruña. Cómpre anotarse anotarse, antes do 1 de setembro na Casa do Concello (981 70 83 03), no Centro Sociocultural de Zas (981 75 13 98) ou no Centro Sociocultural de Baio: 981 71 80 56), en horario de mañá.
NOVAS RELACIONADAS
- 25-08-21: A veciñanza de Vimianzo e Zas álzase contra o peche das sucursais de Abanca.
- 20-08-2021: A veciñanza de Baíñas demostra o seu rotundo rexeitamento ao peche da sucursal de Abanca.
- 20-08-2021: A FEGAMP comprométese a analizar a política de abandono do rural de Abanca.
- 14-08-21: Os Concellos de Vimianzo e Zas unen forzas contra o peche das sucursais de Abanca.
- 12-08-2021: A veciñanza de Baíñas concentrouse contra o peche da sucursal de Abanca.
- 12-08-2021: Zas mobilízase contra o peche da oficina de Abanca.
- 04-08-2020: Lamentan o peche da oficina de Abanca en Dumbría.
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo.