Zas marchou contra a violencia de xénero

Os centros educativos de Zas foron protagonistas da Marcha Contra A Violencia de Xénero que realizou o Concello de Zas. Dende a praza do Concello fixeron unha ruta circular unhas 150 persoas vestidas de negro, levando a loita polas rúas da vila.
Xa de volta, os participantes concentráronse diante da Casa do Concello onde, ao mesmo tempo que noutros 125 concellos galegos, se liu a Declaración Institucional polo 25N e conmemorar así o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Tras a lectura da Declaración, foi o alumando quen tomou a palabra para pedir o fin da violencia de xénero coa lectura de distintos manifestos. Tamén quixeron plasmar as súas mans con pintura morada nunha enorme pancarta co lema “Contra As Violencias, educación”.