![area-recreativa-meanos-concello-zas]()
Unha das últimas actuacións máis importantes foi a reforma da área recreativa de Meanos
Para o goberno do BNG de Zas "a mellora dos servizos e a creación de espazos públicos de calidade en todo o municipio é unha das prioridades" así o manifestou alcalde, Manuel Muíño, despois de dar a coñecer as últimas obras de posta a punto que están a realizar nos distintos espazos públicos municipais.
Unha destas actuación foi a recente reforma da área recreativa de Meanos, que xa está sendo utilizada polos veciños e veciñas dende fai uns meses. Este espazo conta cunha renovada pista multideportiva e cun parque infantil totalmente equipado. Segundo indican dende o concello, as obras consistiron, por un lado, no movemento de terras para acometer a reforma integral do parque infantil dotándoo de novos equipamentos. Por outra banda, nesta actuación tamén se reparou a pista multideportiva existente e renováronse os seus equipamentos co fin de promover e optimizar o seu uso. O presuposto base de execución desta obra acadou os 31.241,06 euros, financiados con cargo o Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas