Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Zas pon en marcha a VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Mostra-teatro-afeccionado-labarta-pose-concello-zas
Zas pon en marcha a VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

A Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose “é un referente para o teatro amateur e que cada vez atrae a un maior número de grupos e compañías de toda a comunidade”, sinala orgulloso o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, sinalou que a

I é que xa van 7 edicións deste festival teatreiro organizado polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura. Unha das principais novidades deste ano é que se aumenta a cantidade dos premios a 3.900€ co fin de fomentar o teatro afeccionado así como o teatro feito en Galicia e en galego.

Na VII Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” poden participar todas aquelas compañías e/ou grupos galegas de teatro afeccionado.

Unha vez recibidas todas as solicitudes, un xurado formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius seleccionará as cinco obras finalistas que se representarán os días 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio. As representacións comezarán entre as 20:00 e as 21:00 horas e repartiranse entre o Auditorio Municipal de Zas e o Auditorio Municipal de Baio. O día da entrega de premios será o 25 de maio nun acto que terá lugar a partir das 18:00 horas no Auditorio de Baio.

3.900€ en premios

Todas as obras finalistas terán premio. En total o Concello de Zas repartirá 3.900€ entre elas que se distribuirán da seguinte maneira:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma

  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma

  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma

  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma

  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma

  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma

Inscrición

No Tablón de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas e na páxina web do Concello de Zas poderán consultarse as bases do certame, a documentación requerida así como descargar as fichas de inscrición. O prazo para anotarse xa está aberto sendo o 1 de abril a data límite para enviar a documentación.

Todas as compañías e/ou grupos de teatro afeccionado galegas poden presentar as súas obras ata o 1 de abril

O xurado elixirá as cinco obras finalistas que se representarán os días 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio

O mellor actor e a mellor actriz desta sétima edición da mostra tamén recibirán cadanseu trofeo e diploma.

Máis novas

 

Comentarios