Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Zas propón un completo maio de Letras

programa-maio-mes-das-letras2022-concello-zas copia
Zas propón un completo maio de Letras

Este vindeiro martes 10 de maio arranca o programa cultural “Maio, mes das letras”. O Concello de Zas, ademais de divulgar a obra de Florencio Delgado Guirriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, organiza unha variada batería de actividades, formuladas, principalmente, para a rapazada.

Florencio Delgado Gurriaran Vida e Obra Letras Galegas 2022
Tríptico informativo sobre Florencio Delgado Gurriarán
  • 10 de maio: “Problemas”, contacontos infantil de Trinke Trinke Teatro. Ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Zas. Público familiar.
  • 12 de maio: “Outra vez!”, con Vero Rilo. Ás 10:30 horas, no Auditorio do Concello. Función escolar.
  • 12 de maio: “E a ti… que che contaban?”, con Vero Rilo. Ás 12:30 horas, no Auditorio de Baio. Función escolar.
  • 13 de maio: “Mulleres creadoras”, con Silvia Penide e Carla López de Feminino Plural. Ás 10:30 horas no Auditorio do Concello e ás 12:30 horas no Auditorio de Baio. Funcións escolares.
  • 19 de maio: “Invisibles”, de Redrum Teatro. Esta é unha función dirixida ao alumnado da ESO e Bacharelato dos centros de ensino municipais que terá lugar ás 12:45 horas no Auditorio de Baio.
  • 24 de maio: Problemas”, contacontos infantil de Trinke Trinke Teatro. Ás 18:00 horas, na Axencia de Lectura de Baio. Público familiar.

Mostra de Teatro Afeccionado

Ademais, mentres, continúa a V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” con representacións e a entrega de premios. Podedes ver aquí o programa:

XIII Concurso de Marcapáxinas

Ademais, as Bibliotecas Municipais de Zas e de Baio convocan a 13ª edición do certamde marcapáxonas, no que poden participar todas e todos as alumnas e alumnos dos centros escolares do Concello.
Os traballos premiados utilizaranse na Biblioteca Pública Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste ata o Día das Letras Galegas do 2023. Haberá dous premios por categoría dotados cun lote de libros cada un.

Máis actividades arredor das Letras Galegas

Comentarios