Venres. 12.08.2022
El tiempo

Zas recibe o programa de prevención "Porta a Porta"

Coidados Porta a Porta Zas
Zas recibe o programa de prevención "Porta a Porta"

Unha unidade móbil do programa “Porta a Porta” da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia estará os días 16, 17 e 18 de agosto ao carón do Centro Sociocultural de Zas para ofrecer de forma gratuíta consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación á memoria a todos aqueles veciños e veciñas do noso municipio maiores de 55 anos.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa en calquera destes números de teléfono: 622 748 283 ou 623 546 992 ou ben a través do enderezo electrónico [email protected]

Que servizos se prestan?

  • Audioloxía:
  • Consulta básica de audioloxía
  • Exploración funcional da audición
  • Prevención da perda auditiva
  • Podoloxía:
  • Consulta básica de podoloxía
  • Corte e limpeza de unllas
  • Eliminación de durezas, calosidades e helomas
  • Valoración do estado xeral do pé
  • Estimulación da memoria:
  • Estimulación cognitiva
  • Estimulación funcional
  • Prevención da dependencia mediante hábitos de vida saudables
  • Promoción do Envellecemento activo

comentarios