Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Zas recupera a V Mostra de Teatro Afeccionado

Foto da familia do teatro afeccionado pechou a IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose a finais de 2019
Foto da familia do teatro afeccionado pechou a IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose a finais de 2019
Zas recupera a V Mostra de Teatro Afeccionado

Xa hai novas datas para a V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, organizada polo Concello de Zas, despois de que tivera que ser suspendida en marzo do 2020 debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19.

Ata 28 de marzo está aberto o prazo para que todas aquelas compañías e/ou grupos de teatro afeccionado galegos presenten as súas obras. Nas bases do certame - publicadas no Tablón de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas pode consultarse a documentación requerida así como descargar as fichas de inscrición. Cada compañía/grupo presentará tantas obras como o desexe, das cales só unha poderá ser finalista. Entre todas as obras de teatro que se presenten, un xurado composto por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius seleccionará cinco obras finalistas.

Os espectáculos que pasen a final representaranse os sábados 23 e 30 de abril, 7, 14 e 21 de maio ás 21:00 horas e o lugar de representación distribuirase entre o Auditorio Municipal de Zas e o Auditorio Municipal de Baio. A entrega de premios terá lugar o domingo 29 de maio ás 18:00 horas.

Na V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” repartiranse un total de 3.500 euros en premios.

Para máis información ou consutar dúbidas, as persoas interesada poden contactar coa organización a través do enderezo electrónico [email protected].

Comentarios