Martes. 15.10.2024
El tiempo

Zas tamén emprega o POS para gasto corrente, o SAF e varias obras viais

Zas tamén emprega o POS para gasto corrente, o SAF e varias obras viais

Cos votos do grupo de goberno (BNG) e do PP, quedou aprobado no pleno de onte a proposta do POS+ 2022 da Deputación da Coruña por un importe total de 981.284,06€.

Estas son as actuacións previstas para este 2022 dentro do citado plan:

  • Mellora da capa de rodadura en diferentes estradas de titularidade municipal das parroquias de Meanos, Muíño e Brandomil: 131.087,04€
  • Mellora da capa de rodadura en diferentes estradas de titularidade municipal das parroquias de Gándara, Loroño e Vilar: 128.154,97€
  • Aglomerado en varias estradas nas parroquias de Baio e Vilar: 32.497,32€.

Dentro Plan tamén se inclúe unha partida de 347.431,81€ dixida ao gasto corrente do Concello de Zas entre os que se inclúen o alumeado público, o mantemento das instalacións municipais, etc.

Paralelamente, dentro do Plan Complementario (que se desenvolverá en función dos fondos restantes da Deputación) inclúense 342.112,92€ que se destinarán ás seguintes obras:

  • Aglomerado en varias estradas nas parroquias de San Adrián de Castro, Meanos e Muíño: 142.619,03€
  • Reforzo do aglomerado de Carreira e Vilaestevez: 131.619,18€
  • Renovación das aceras no núcleo urbano de Zas: 67.874,71€

POS+ Adicional 2022

A parte social do POS+ Adicional 2022 destinará 85.579,81€ que se destinarán en boa parte á ampliación do Servizo de Axuda no Fogar.

Comentarios