Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Zas tamén lidera a loita de concellos e veciños contra a velutina

Zas tamén lidera a loita de concellos e veciños contra a velutina

Este é o momento ideal para abrir a batalla contra a avespa velitina, no comezo da primavera, e os concellos o saben. Por iso as charlas temáticas se están desenvolvendo pola zona, animando aos veciños a facer un traballo do que a Xunta ten desistido. “A ver se entre os veciños e os Concellos somos capaces frear un pouquiño a praga, facendo traballos de trampeo para capturar as raíñas nestes meses de comezo de primavera”, sinala o teniente de alcalde, Óscar Lema, reiterando a pouca disposición da Xunta, que non fai traballos de trampeo.

”Como somos Concello colaborador, a Xunta tróuxonos unha pértiga e un traxe e xa nos pasan todas as incidencias quechegan ao 112 sobre a velutina. Pero non nos dan medios económicos nin formación, así é imposible. É como cando falta un maestro no colexio tamén o cubrise o Concello. Dentro de pouco suprimimos a Xunta e listo”, valora Lema.

A realidade é que o tema está moi en primeira liña e así o refrendou a presencia dun cento de veciños, que atenderon comprometidos á charla de José María Vázquez – xerente de Serpa –, que falou sonre como identificar e diferenciar a velutina, ciclos e épocas de actuación mediante trampeo, como evitar que se instalen niños ao redor das casas e das colmeas.

Dende o Concello agora están realizando un rstudio de onde hai colmeas e despois colocar trampeos por esas zonas sensibles.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios