Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Zas ten xa novos orzamentos, os máis altos da súa historia

pleno_01.06.2022_Concello de Zas
O pleno arrincou cun minuto de silencio en repulsa ás agresións machistas das últimas semanas
Zas ten xa novos orzamentos, os máis altos da súa historia

Aprobou este pasado xoves o Concello de Zas, cos votos a favor do grupo de goberno e a abstención do PP, os novos orzamentos para 2022. Uns orzamentos que ascenden ata os 5,3 millóns de euros, 1 millón máis que os últimos aprobados, aínda en 2019. Dende entón, o grupo do BNG mantiña as "uns orzamentos subrrogados" por mor da pandemia, para dar este importante salto a estes "presupostos expansivos" que demostran o "bo estado económico das arcas municipiais”, segundo manifestou o Alcalde de Zas, Lolo Muíño.

No orzamento para o 2022 contémplanse actuacións importantes para a veciñanza tales como as reformas nos Centros de Saúde de Zas e de Baio así como a ampliación da Escola Infantil, tres edificios de titularidade autonómica para os que o Concello terá que empregar parte dos seus fondos.

 As políticas sociais tamén ocupan un lugar destacado nestes orzamentos e o Concello de Zas destinará máis de 876.000 euros ao Servizo de Axuda no Fogar. 

Curioso é o lixeiro descenso no gasto de persoal, que representa o 18,7% do presuposto. A partirda máis importante das contas é a de gastos correntes de bens e servizos, que levan 3 millóns, máis do 56% dos orzamentos. Nesta partida contémplanse gastos derivados da xestión do lixo, o alumeado público, o mantemento das instalacións públicas, entre outros.

A que máis preocupa aos veciños é a partida de investimentos reais, que representa o 22,30% dos orzamentos e que se traduce en 1.194.035,00€. A esta cifra haberá que sumarlle 1.392.443€ que proveñen de proxectos do ano anterior que, nalgúns casos, están sen executar así como os 513.647,80€ procedentes do POS da Deputación da Coruña. Con estas cifras, o capítulo de inversións reais suma 2.586.478€ e representa o 48% dos orzamentos para o 2022. Estas son algunhas das principais obras que se contemplan no orzamento do 2022:
    •    Reforma do Centro de Saúde de Zas (48.464,13€)
    •    Reforma do Centro de Saúde de Baio (131.723,02€)
    •    Reforma da Escola Infantil de Zas (96.800€)
    •    MCR regos asfálticos en Meanos, Muíño e Brandomil (131.087,04€)
    •    MCR regos asfálticos en Gándara, Loroño e Vilar (128.154,97€)
    •    MCR mezcla bituminos en Baio e Vilar (32.497,32€)
    •    MCR mezcla bituminosa en San Cremenzo e Fornelos (60.828,03€)
    •    MCR con zahorra en diferentes viais municipais de Fornelos (42.090,09€)

NOVOS CONTEDORES DE ACEITE

colector-aceite-domestico-usado-concello-zas

Paralelamenre, o Concello realizaba instalación de 20 colectores de recollida de aceite doméstico usado. Estas son as localizacións:
• Baio (na estrada a Fornelos, na zona do edificio Praza e fronte ao Centro de Saúde)
• Zas (fronte a Electrodomésticos Rivero e na zona da Igrexa)
• Lamas (colectores situados ao lado da casa nº 4)
• O Allo (fronte ao Bar As Torres)
• San Cremenzo (zona da Escola Unitaria)
• Gándara
• Carreira (zona Igrexa)
• Mira (zona Escola Unitaria)
• San Adrián de Castro (zona Tabares)
• San Martiño (campo da festa)
• Meanos (parque infantil)
• Muíño (detrás da Igrexa)
• Brandoñas (praza)
• Brandomil (estrada AC-441)

Comentarios