venres. 16.05.2025
El tiempo

As compras no mercado de Carballo teñen premio

As compras no mercado de Carballo teñen premio
Os compradores recibiran un boleto por cada 5€ de compra Os compradores recibiran un boleto por cada 5€ de compra Fomentar o consumo de productos galegos é o obxectivo do programa "Quere o teu mercado" posto en marcha polo concello de Carballo. Deste xeito ata o vindeiro sábado 28 de maio, as persoas que compren na praza de abastos recibirán un boleto por cada 5 € de compra para participar no sorteo de once vales desconto por valor de un vale de 250 €, cinco vales de 100 € cada un e cinco vales por valor de 50 € cada un. O obxectivo deste programa - organizado polo concello carballés e promovido pola Xunta de Galicia - é poñer en valor o papel dinamizador e revitalizador que teñen os mercados dentro dos centros urbanos. Trátase de fomentar o consumo local no mercado municipal, un mercado que facilita a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos. Mercar neste tipo de mercado é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada. Sorteo Desde o mercado de proximidade foméntase o consumo de produtos galegos, ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas que require unha dieta equilibrada e saudable. O sorteo terá lugar o vindeiro sábado 28 de maio, Día dos mercados, ás 13.00 h. no Mercado Municipal, no que se escollerán os boletos premiados así como os postos do Mercado nos que disfrutar dos vales. Ademais toda esta semana os clientes do Mercado recibirán outros agasallos da campaña coas súas compras. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios