Atopan una embarcación sumerxida fronte á praia de Area Maior de Malpica
21:00 13/10/15
Axentes da Policía Local de Malpica informaron esta mañá da presenza dunha embarcación semi-sumerxida no mar fronte á praia de Area Maior, en Malpica, á altura da punta Atalaia. Foran varios os particulares que alertaran do achado, posto que era visible a quilla dun barco sobresaíndo do mar, a media milla da costa. A embarcación, un trimarán duns seis metros de lonxitude, está sendo remolcada nestes intres ao porto de A Coruña, unha vez descartado o porto de Malpica por falta de calado.
Polo momento, barállase a posibilidade de que se trate dunha embarcación desaparecida o pasado 2 de outubro cun único tripulante abordo, de nacionalidade francesa. O trimarán tería saído do porto de Corme, en Ponteceso, a comezos deste mes.
Na operación interviron Salvamento Marítimo de Fisterra, Gardacostas de Galicia, Protección Civil de Malpica e GES de Ponteceso.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- 112