venres. 02.05.2025
El tiempo

Evento

Mostra de Olería de Buño

04/ago./2017 a 04/ago./2017
5:30 h a 6:00 h
Mostra de Olería de Buño
Mostra de Oleria Buño 2017

Xa temos programa de actividades da Mostra de Olería de Buño (MOB) que se celebrará dende o 4 ata o 13 de agosto.

A Mostra da Olería volverá a celebrarse no Parque de Luciano García Alén, no que estarán abertas as casetas de venda de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, unha exposición do fotógrafo Peter Schneider, outra de artesanía, unha zona gastronómica e outra infantil. Pero a Mostra terá tamén como escenario o Ecomuseo do Forno do Forte, onde haberá a diario obradoiros de barro e exposición dos oleiros e oleiras de Buño.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

CARTEL COCEDURA VENRES 4 DE AGOSTO 17.30 Concerto Raigañas no Parque Luciano García Alén 18.00 Acto oficial de inauguración 18.30 Visita ás instalacións da Mostra da Olería de Buño SÁBADO 5 DE AGOSTO 11.00 a 20.00 Cocedura Tradicional no Forno do Forte 19.30 Actuación de Carcaxía no Parque Luciano García Alén 21.00 Carroa no Forno do Forte 22.30 Actuación de Pelepau no Forno do Forte DOMINGO 6 DE AGOSTO 11.00 a 14.00 Descarga do Forno do Forte 13.30 Sesión vermú con De Vacas (Parque Luciano García Alén) LUNS 7 DE AGOSTO – DÍA DO NENO A partir das 17.30 Busca do tesouro e outras actividades MARTES 8 DE AGOSTO 12.00 A 14.00 e 18.00 a 20 Ruta dos fornos guiada 22.30 Curtametraxes en familia MÉRCORES 9 DE AGOSTO 19.00 e 21.00 Show The Momento Impro XOVES 10 DE AGOSTO – FESTOLERÍA A partir das 21.00 horas: Hellorice, The Cove, Cachas&Cousins, Dj Manuele Caamagno VENRES 11 DE AGOSTO 17.30 Concurso infantil de modelado 21.00 Actuación Entrelas SÁBADO 12 DE AGOSTO 17.30 Trofeo de fútbol MOB 21.30 Queimada tradicional e actuacións de Batuko Tabanka, Festicultores, Dj La SinCereza DOMINGO 13 DE AGOSTO 12.00 a 14.00 e 18.00 a 20.00 Ruta dos fornos guiada 13.30 Sesión vermú coa Familia Caamagno

Últimas Mostras

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Mostra da Olería
Comentarios