![]()
Os veciños e veciñas de Baio reuniranse este sábado nun novo acto reivindicativo da figura do escritor e xornalista máis ilustre da vila:
Enrique Labarta Pose (Baio 1863- Barcelona 1925).
No acto, que terá lugar ás 12 horas no local dos veciños situado nas escolas Agra de Regueiro de Baio, participarán Xosé Manuel Varela - filólogo de Malpica e principal estudoso da obra do escritor -; Jorge Mira - presidente da Comisión por Letras Galegas para Enrique Labarta Pose -; Xosé María Lema; Xosé María Rei e Ricardo Vigeret.
Este acto coincide coa
visita de Enrique Labarta Graven - bisneto do escritor - a Baio. Os veciños daranlle a coñecer todas as actividades de recuperación da figura do seu bisavó que se desenvolveron ao longo destes anos. Enrique Labarta Graven naceu e reside en Alemania.
A organización deste encontro corre a cargo da AA.VV. Tabeirón en colaboración coa Comisión pro Letras Galegas para Enrique Labarta Pose, Badius e a asociación cultural Adro.
Recentemente, descubriase que
unha das primeiras fotos impresas en Galicia foi a do escritor e xornalista baiés, Enrique Labarta Pose.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)