Balonmán: Líderes

08:48 20/10/15
Ponse de líder o Bm. Camariñas na Autonómica mentres o Calvo Xiria mantense invicto, compartindo a praza de líder co At. Novás.
As que non puideron gañar o seu partido foron as xogadoras do Goldie Xiria, que caeron en Cangas.
Mal día do Goldie Xiria que en ningún momento se atopou cómodo na pista diante dun rival que foi superior dende o inicio. Comezaba dominando o Cangas no marcador e ao Xiria éralle moi complicado conseguir anotar, non tiñan o día as lanzadoras de primeira liña o que aproveitou a porteira rival Lorena para realizar un tremendo encontro, ao Goldie custáballe enlazar o seu xogo de ataque ante unha defensa que se amosaba dura e contundente, e foi desperdiciando os minutos ata ese 11 a 5 no descanso.
1ª Autonómica, xornada 2
- Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Pontedeume (32-22)
- Parcial ao descanso: 14-11.
- Balonmán Camariñas: Bruno ℗, Víctor ℗, Alan (4), Fary (9), Eusebio (2), Checho (1), Damián, Fabio, Catalán (11), Xosé, Héctor, Fran, Antelo (1) e Moncho (4).
1ª Estatal, Gr. A, xornada 4
- Resultado: Calvo Xiria - Poio Artai (34-12)
- Parcial ao descanso (18-7)
- Calvo Xiria: Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Carlos A. Lema (1), Javier Rodríguez (3), Brais Puñal (2), Manuel Méndez (3), Pablo Iglesias (8), Sergio Facal (2), Julián López (1), Mario García, Uxío Batán (5), Iván Calvo (9).
1ª Autonómica feminina
- Resultado: Balonmán Cangas - Goldie Xiria (18-9).
- Parcial ao descanso (11-5)
- Goldie Xiria: Brenda Noya (porteira) Tamara Pombo 1, Jessica Posse , Leticia Casal, Raquel Gómez 1, Adriana Gómez, Zeltia Landeira 1, Juana Garrochena 2, Sheila Ferreiro, Laura Carracedo 1, Ainoa Míguez, Alba Rodríguez, Marta Regueira 2 e Elena Segade 1.

Máis información
- Resultados e Clasificación da 1ª Estatal, Gr. A.
- Resultados e Clasificación 1ª Autonómica Masculina.
- Resultados e Clasificación 1ª Autonómica Feminina.
Novas relacionadas
- Balonmán: Camariñas e Xiria seguen sumando vitorias.
- O Balonmán arrinca con vitorias en Camariñas e Carballo.
- Camariñas queda sen equipo feminino de balonmán esta tempada.
- O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base.
Fonte
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria.