Balonmán: Xiria e Camariñas rematan o ano moi, moi arriba

Celebrou o Calvo Xiria unha gran vitoria ante o seu público e nun derbi provincial, para irse de parón de Nadal no máis alto da 1ª Estatal, con 24 puntos, só 1 partido perdido, e 2 puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores, o Bm. Chapela, e o At. Novas.
Mentres, o BM. Camariñas deixou escapar un punto e o liderado do Areal ante o potente Teucro, tras un polémico erro que deixa aos conserveiros a 1 só punto do liderado da 1ª Autonómicas.
1ª Estatal, xornada 13
- Resultado: Calvo Xiria - OAR Coruña (28-17)
- CALVO XIRIA 28 (13+15): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete, Carlos A. Lema (3), Brais Puñal (2), Manuel Méndez (3), Sergio Facal (1), Uxío Batán (1), Martín Alfeirán (6), Pablo Iglesias (7), Carlos Vilanova (4), Gonzalo Pombo, Mario García de Seárez, Ramón Suárez –Pumariega (1), Jorge Bouzas.
- OAR CORUÑA 17 (8+9): Ignacio Santos [p], Roberto Casero [p], Miguel Lozano (2), Víctor Couceiro (2), Borja Tajes, Daniel Angeriz (1), Yoel García (4), Sergio Sarasola, Diego Martínez (6), Alfonso Fraga, Aresio Rosende (1), Juan Torres, Alex Sotelo (1).
Gran vitoria do cadro begrnatiñán no derbi provincial da liga Estatal. A defensa local fixo que os carballeses levasen o partido, deixando ao equipo máis goleador da liga con 32,25 de goles de media en 17 tantos. O Calvo Xiria gañou nove dos doce parciais de cinco minutos, non permitindo que os branquiazuis tivesen opcións. O traballo de continuidade en ataque daba tamén os seus froitos e dende todos os postos resultaba perigoso o Xiria logrando que moitos lanzamentos se realizaran dende os seis metros.
Partido moi especial para Carlos A. Lema García “Cuco”, que logo de estar vencellado a Escolas Balonmán Xiria durante 20 anos de gran traballo e progresión ten que deixar o equipo para seguir ca súa progresión laboral moi lonxe de Carballo. Tamén moi especial para Pablo Iglesias Fraga que por mor dunha operación estará de baixa durante uns meses, pero apoiando dende a bancada, e agardamos que no prazo máis breve posible dende a pista, aos seus compañeiros.

1ª Autonómica, xornada 5
- Resultado: Bm. Camariñas - Teucro (32-32)
- Balonmán Camarilas: Bruno ℗, Víctor ℗, Alan (6), Fary (8), Eusebio (4), Checho, Damián, Fabio, Catalán (7), Xosé, Héctor (3), Fran, Antelo (4) e Moncho.
Unha "pájara" ao finalizar a primeira metade, fixo que o Camariñas tirase pola borda unha vantaxe de 7 goles, para finalizar o primeiro periodo con empate a 13. A segunda parte xa foi todo máis equilibrado, sempre con diferenzas dun gol ou empate. A xogada final foi determinante, empate a 32, a falta de 10 segundos ataca o Teucro, rouba o balón o Camariñas na metade do campo, inicia contraataque e cando se dispón a tirar o defensor do teucro empuxa ao xogador camariñán, desequilibrandolo, e para o porteiro, colle o rechaze outro xogador do Camariñas e marca soando a sirena, o tanto non sobe ao marcador. Os árbitros alegan que non pitan penalti, pois dan a lei da vantaxe ao xogador que colle o rexeite, pero está claro que si o fai fóra de tempo, a vantaxe non vale, terían que haber pitado o penalti. Un erro que puidese valer un punto máis para o casillero do Boya, que inicia o parón navideño no 3º posto da liga, empatado co 2º, o propio Teucro, e a un só punto do Rasoeiro.
Unha Liga que se retoma o próximo 16 de xaneiro visitando ao 4º clasificado o Balonmano Pabellón de Ourense.Máis información
- Resultados e Clasificación da 1ª Estatal, Gr. A.
- Resultados e Clasificación 1ª Autonómica Masculina.
- Resultados e Clasificación 1ª Autonómica Feminina.
Novas relacionadas
- Pleno de vitorias para o balonmán costeiro.
- Balonmán: 8 de 8 e unha polo cerco.
- Balonmán: O Calvo Xiria segue invicto.
- Líderes.
- Balonmán: Camariñas e Xiria seguen sumando vitorias.
- O Balonmán arrinca con vitorias en Camariñas e Carballo.
- Camariñas queda sen equipo feminino de balonmán esta tempada.
- O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base.
Fonte
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria.