mércores. 07.05.2025
El tiempo

Basket: O Calvo Xiria xogará, por sexta vez, a Fase de Ascenso á Liga EBA

Basket: O Calvo Xiria xogará, por sexta vez, a Fase de Ascenso á Liga EBA
Basket Xiria a pola Liga EBA Basket Xiria vai pola Liga EBA

Tremendo o que está conseguindo este curso o Carballo Basket Xiria. O equipo carballés disputará, por 6ª sexta vez nos seus 31 anos de historia, a Fase de Ascenso á Liga EBA, a 3ª máxima categoría do baloncesto estatal. Conseguiuno tras vencer na Estrada no primeiro dos 3 “match ball” que dispuñan.

Familia Xiria

1ª División Masculina, 2ª Fase, xornada 12

  • Resultado: MIMELA EDM A ESTRADA - CALVO BASKET XIRIA (51-61)
  • Calvo Xiria: Anxo (7, 1triple), Javi (12), Jorge, Peli (7), Manu (14, 4 triples), Roi, Fran (3, 1 triple), Tato (6), Luís (9) e Moreira (4).

Arrincou paseniño o partido na Estrada cun cadro local que intentaba correr e un Xiria que prefería meter o balón ao poste baixo. Pero no segundo cuarto, a baixa intensidade dos carballeses en defensa permite un gran acerto dos locais dende a liña de 3, e chegan a conseguir 14 puntos de vantaxe, indo con 10 ao descanso.

Aí si que xirou o choque. Os carballeses métense no partido, melloran en defensa e comezan a acertar dende lonxe, conseguindo un parcial de 5-18 no terceiro cuarto. E o último cuarto foi igual, aínda cunha defensa máis forte que lle permite rematar con solvencia.

I Basket Surf Camp en Razo

Que ben o pasaron os rapaces que participaron no I Basket Surf Camp que artellou o Xiria con Art Surf Camp na praia de Razo. Baloncesto e surf a cada onda.

 

Familia ACB

3ª División Sénior Masculino, 2ª Fase AB-4

  • Resultado: TREBONS – C.E. CUME COSTA DA MORTE (58-48)
  • CUME Costa da Morte: Luci (12, 2T); Chris (2); Deril (11,1T); Sergio (10, 2T); Cristian M. (4) – cinco inicial – Alfredo (3); Manu (11, 1T); José (2)

Chegaban os ceenses con só 6 efectivos, xa que Manu se encontraba en Carballo rematando o partido cadete feminino, e Alfredo fixo o favor de recollelo, por se iso fose pouco, Sergio saira as 6 da mañan de traballar e Luci fixo o camino de Santiago dende o mércores. Así e todo, a intensidade ceense máis a rigurosidade arbitral no contacto á hora de efectuar tiros (pitáronse 5 faltas tirando de 3 puntos) fixeron que pese á escasa rotación os ceenses mandasen neste periodo.
O segundo cuarto, cerrar mal o rebote e a mala ocupación de espazos na zona prantexada, fan que Trebons comece a encontrar aro con facilidade, á vez que se empeza a ver que os visitantes non estaban nada acertados no tiro, polo que os locais cada vez daban máis metros e os tiros seguían sen entrar.

Á volta dos descanso, onde se recargaron as pilas, volveron a traer ao Cume Costa da Morte, forte, rápido no un contra un, e cun cambio de zona, tentar que os locais non anoten tan fácilmente. Conséguese amplamente, anotando varias penetración e contraataques, sendo este o cuarto mais productivo en ataque con 19 puntos.
Novamente, antes os espazos permitidos, comezouse a abusar do tiro de longa distancia, que seguía sen entrar. En defensa, a expulsión de Cristian, fai que o xogador Merino empece a xogar con certa facilidade, a pesar da grande tarefa de Sergio e Alfredo parándoo no poste.

2ª Infantil Masculino, xornada 11

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE BLANCO – FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE VERDE (35-57).
  • Parciais: 5-19; 10-6; 8-24; 12-8 - ACUMULADO: 5-19; 15-25; 23-49; 35-57-
  • FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE BLANCO: Iago; Manuel; Alex Marcote, 26 ptos; Samuel, 2 ptos; Miguel Pérez, 5 ptos – quinteto inicial – Miguel Boullosa, 2 ptos; David.
  • FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE VERDE: Alex Domínguez; Adrián, 4 ptos; Guillermo, 8 ptos; Ramiro, 23 ptos; David, 16 ptos – quinteto inicial – Brian, 2 ptos; Caique, 2 ptos; Fran, 2 ptos.

Derbi costeiro que comezaba ca cos ceeses incapaces de plantarlle cara ao equipo de Vimianzo, pero xa na mitade deste cuarto os de Vimianzo comezaron a ter un maior acerto e a distanciarse no marcador para acabalo cunha ventaxa de 14 puntos. Na reanudación do partido, un segundo cuarto, no que a defensa dos de Vimianzo estaba despistada, os rapaces de Cee conseguiron imponerse neste cuarto, índose o descanso con tan só dez puntos abaixo. Tralo descanso, saída forte dos de Vimianzo que romperon o partido cun parcial de 8-24. Esto permitiu que no último cuarto, co partido xa resolto, os de Vimianzo se relaxaran e trataran de probar cousas novas para próximos encontros, conseguindo gañar os rapaces de Cee este parcial, dando mostras da sua melloría dende o inicio da tempada.

  banner-dimolk-marzo17  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios