![I Camino dos Faros Inclusivo]()
Tras o éxito e o gran poder de convocatoria que tiveron todas as edicións do
Camiño dos Faros, mañá sábado ponse en marcha un novo proxecto:
I Camiño dos Faros Inclusivo que nace da colaboración das
ANPAS Galegas e da
asociación O Camiño dos Faros. O obxectivo está claro: que as persoas con diversidade funcional poidan desfrutar desta máxica aventura.
O I Camiño dos Faros Inclusiva comeza cunha quedada na
praia da Urixeira, en Neaño-Cabana, ás 15:30 horas de mañá sábado. Dende alí partiráse cara o estuario do Anllóns onde o ornitólogo
Xosé Luis Rabuñal -
que ten o seu propio observatorio de aves - ofrecerá unha charla aos asistentes sobre a importancia e a riqueza natural desta contorna. Tras á charla-coloquio, os participantes neste I Camiño dos Faros Inclusivo percorrerán 2,7 quilómetros da
senda do Anllóns - de fácil accesibilidade - para chegar ás 18:30 horas ás Grelas para trasladarse ata
Laxe para facer a ruta do porto-faro de 1,5 quilómetros de distancia.
Este roteiro por terras laxenses comeza ás 19:30 horas coa saída dende a praza da vila. Alí,
Victor Mira ofrecerá unha charla sobre a historia de Laxe e logo emprenderase un paseo ata o faro. Se o tempo o permite, os participantes neste I Camiño dos Faros Inclusivo desfrutarán da posta de sol. Ás 21:30 horas varios establecementos de Laxe ofrecerán pinchos e refrescos aos asistentes para que desfruten do momento e intercambien paraceres sobre esta primeria edición.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Camiño dos Faros