Carballo prepara o seu Futuro Desenvolvemento Urbano Sostible e Inclusivo

Interesante o programa sufragado por Fondos Europeos que vai arrincar en Carballo. A campaña "Carballo Sostible - DUSI" (Desenvolvemento Urbano Sostible e Inclusivo) nace para mellorar a vila en todos os sentidos, pero sobre todo creando unha cidade limpa, sustentable e inclusiva. Temas xa manidos na capital bergantiñá como a mobilidade ou a redución do feísmo urbanístico serán alicerces fundamentais.
Imprantaranse ademais actividades de fomento do emprego e o impulso dos emprendedores e emprendedoras, mellorarase o acceso ás novas tecnoloxías da información e da comunicación, buscarase a mellora da eficiencia enerxética e promoverase unha rede comercial e de empresas baixa en carbono ("Carballo Limpo"), crearase un programa de protección do medio ambiente e do patrimonio ("As raíces de Carballo"), crearanse plans para mellorar a calidade do aire e reducir o ruído urbano ou favorecer a inclusión dos colectivos menos favorecidos ("Carballo para todos").
O proxecto ten como data límite de realización o 2022, e xa tivo lugar a primeira xuntanza entre os voceiros municipais. Ademais, durante estas pasadas semanas o Concello abríu o seu buzón para escoitar as propostas dos veciños, que puideron aportar as súas ideas a través do Facebook, do correo

Fonte
- Concello de Carballo.