![curso concello cee rede 2016]()
A próxima semana comeza o
ciclo de cursos "Concello de Cee na Rede". En concreto ofertanse catro cursos diferentes: Iniciación a Internet; iniciación a Internet e búsqueda de emprego 2.0; iniciación a Internet para maiores e Internet avanzado e uso de
smartphone para maiores.
Este é o segundo ano que o concello organiza este ciclo de cursos dirixidos a distintos grupos da poboación: desempregados, maiores,... Como novidade, aqueles que xa se desenvolven mellor terán a oportunidade de seguir aprendendo e avanzando no seus coñecementos cun destacado papel do uso do
smartphone e as súas posibilidades.
Os interesados deberán apuntarse nas Oficinas de Orientación Laboral do concello de Cee ata que se completen o número de prazas dispoñibles.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Cee