xoves. 01.05.2025
El tiempo

Cerqueda Apadriña un Carballo para volver ás súas orixes

Cerqueda Apadriña un Carballo para volver ás súas orixes
Xose Manuel Varela un dos promotores de Cerqueda sementando na Carballeira Xose Manuel Varela, un dos axitadores da veciñanza de Cerqueda sementando na Carballeira

Quere crear a veciñanza de Cerqueda un esapzo que recupere a súa identidade. O caso é que segundo o toponomista Fernando Cabeza Quiles, Cerqueda significa “lugar abundante en carballos” pero nesta parroquia do concello de Malpica de Bergantiños son moi poucos os espazos nos que se pode observar esta árbore. Tan só algúns exemplares illados entre as plantacións de piñeiros e eucaliptos.

Así, para volver ás orixesos eucaliptos terán que deixar paso aos carballos. Por iso comeza o proxecto «Apadriña un Carballo». Calquera veciño ou persoa da comarca que queira apadriñar e plantar un carballo terá que acudir o vindeiro sábado 21 de maio, a partir das 15.30 da tarde á parcela anexa ao campo da festa. Previamente deberá realizar a reserva de árbores que desexa apadriñar poñéndose en contacto con calquera compoñente da directiva da Asociación de Veciños Monte d’Arxa. O carballo seralle facilitado no lugar da plantación. Tan só terá que traer útiles de plantación: sacho ou pa e regadeira.

Esta actividade tamén terá un carácter pedagóxico dado que alumnado de Senda Nova desenvolverá un obradoiro de árbores no marco do seu programa Semanas de Natureza e Paisaxe.

Zona do Outeiro da Carballeira onde se fara o proxecto Apadrina un carballo Zona do Outeiro da Carballeira onde se fara o proxecto Apadrina un carballo

Novas relacionadas

Fonte

  • Xosé Manuel Varela.

Comentarios