![]()
Coa
Festa da Carballeira de Zas chega a Semana Cultural organizada polo concello de Zas. Unha semana cargada de actividades que xa arrancan o vindeiro domingo, 30 de xullo coa proxección da curtametraxe “Vida” e co documental “Máis ca vida” de Rubén Riós no auditorio do concello ás 21 horas.
Ao longo de toda a semana, ofertaráse unha gran variedade de actividades dirixidas a todos os públicos, tales como obradoiros infantís sobre a elaboración de xabón tradicional ou a encadernación japonesa; curso de iniciación ao baile tradicional
impartido polo grupo de baile Churía da asociación cultural Castro-Meda de Zas; monólogos; contacontos, teatro ou visitas guiadas ao patrimonio do municipio. Nalgunha destas actividades, a inscrición é obrigatoria xa que hai prazas limitadas.
O programa cultural pecha o día 6 cunha Noite de Cine co filme “El Desconocido” que se proxectará ás 22 horas na praza do Concello de Zas.
Festa da Carballeira 2017
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas