Imprimir

4 novos accidentes en dous días en Dumbría e atropelo dunha menor en Carnota

que pasa na costa | 11 de agosto de 2019

Un dos accidentes destes días en Dumbría
Un dos accidentes destes días en Dumbría


Seguimos cunha dramática serie de accidentes nas estradas da bisbarra. Esta fin de semana foron 4 os accidentes rexistrados só no Concello de Dumbría. 

O sábado pasadas as 19.00, no Ezaro unha moto dun señor do lugar deulle por atrás a un coche que estaba parado nun paso de cebra. O motorista tivo que ir ao hospital. 

Xa pola noite, arredor das 23:45, un todoterreo dunha familia de Alicante, caeu por un terraplén na costa de "semento' na subida ao mirador, afortunadamente, sen feridos.

Durante a mañá dominical, en Bustelo, ardiu un coche. Protección Civil, e os Bombeiros de Cee solventaron o problema. 

Ademais, xa as pasadas as 15.30 tiña lugar outro accidente con feridos. 

Atropelo a unha menor en Carnota
Por outra parte, unha nena foi  trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira ao ser atropelada por un turismo no lugar de Parada.

Tal e como informa Emerxencias de Galicia, o 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao recibir a chamada dun particular ás 17:00 horas solicitando asistencia para unha menor ferida ao ser alcanzada por un coche. De contado, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecementos dos servicios sanitarios, do GES de Muros, da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil da localidade.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/dumbria/4-novos-accidentes-dous-dias-dumbria/20190811170231112238.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA