Venres. 26.04.2024
El tiempo

"Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes"

"Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes"
Bastoncillos da casa ao mar

Arrincaba a comezos de mes a campaña de información e concienciación “A túa casa non queda tan lonxe do mar, que promove a activísima Mar de Fábula. Vai chegando ao remate esa primeira fase, que rematará cun acto simbólico de entrega de papeleiras para os cuartos de baño para os veciños dun barrio da Coruña. En breve irán chegando para as casas da Costa da Morte para seguir berrando alto e claro que “temos que coidar o mar”.

”É patente que a sociedade actual ten unha forte confusión na súa lista de prioridades”, explica Xosé Manuel Barros, alma da entidade do por que desta iniciativa orientada a unha correcta xestión dos residuos hixiénico-sanitarios . “Mergullados nunha dinámica de consumo excesivo, indiferencia xeral e fuxida cara adiante, deixamos para o final todo o relacionado co medio ambiente cando debera de estar na primeira liña das nosas preocupacións porque, sen unha estratexia de limpeza, respecto e conservación do medio ambiente, non hai futuro sostible para a poboación humana”.

Nese sentido a entidade cre que “somos nós, os cidadáns de a pé os que temos todas as claves nas nosas mans e non os grandes xerarcas mundiais, por moitos tratados que asinen para controlar o quentamento global, e agora moito menos coa chegada dun persoeiro como Trump ao trono do imperio. Nós, os veciños desta aldea global que é o planeta Terra, introducindo pequenos cambios nos nosos costumes, podemos dar pasos de xigante na defensa da natureza. Por exemplo, se depositamos os bastonciños de algodón nunha papeleira no noso cuarto de baño e non os botamos polo retrete, estaremos evitando que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes plásticos e biolóxicos do medio mariño a nivel mundial. Tan simple coma iso”.

Os voluntarios de Mar de Fábula levan semanas de traballo, distribuíndo a cartelería e trípticos desta campaña por numerosos centros de ensino da cidade, incluíndo diferentes facultades da universidade da Coruña.

Primeira entrega, na Coruña

Trátase dunha iniciativa que, neste caso, conta coa colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña. Como último acto desta primeira campaña e contando coa inestimable colaboración do Club do Mar de San Amaro, o próximo xoves día 29, ás 1900 horas, faremos unha primeira entrega simbólica de 150 papeleiras de cuartos de baño para os domicilios dunha urbanización tan reconocible e situada a carón do mar coma é a de Adormideiras, a poucos metros do Club do Mar.

No ano que entra, ademáis de afondar nos prcesos xa comenzados na Coruña e a súa área metropolitana, lembran que levarán tamén esta campaña cara aos concellos da Costa da Morte, onde sempre teñen desenvolvido unha forte actividade de limpeza de praias, co fin de artellar medidas similares.de información e concienciación para o saneamento e conservación das súas augas e do seu litoral.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte 

Comentarios