Imprimir

A Deputación intentará reflotar o Museo Seo de Corcubión

que pasa na costa | 25 de febreiro de 2016

Visita da Deputación da Coruña ao Museo Seo de Corcubión da Fundación Castro Rial Visita da Deputación da Coruña ao Museo Seo de Corcubión da Fundación Castro Rial Coma un pecio. O Museo Seo de Corcubión é un deses tesouros esquecidos da Costa da Morte. Esquecidos case que no fondo do mar, apodentrándose e sufrindo as consecuencias da falta de atención. Máis de 1000 pezas relacionadas coa vida mariñeira afunden nesa antiga fábrica de salazón do século XIX que naufraga. Cedido en 2014 a unha xa ferida de morte Asociación Neria, a entidade non fixo nin a primeira acción para devolvelo a flote. En 2015 especialistas mobilizábanse contra o pasamento do Museo Seo de Corcubión. E parece que as súas plegarias chegaron aos oídos da Deputación, que estes días visitou o centro para analizar o seu estado. O carballés Xosé Regueira, un dos responsable de Patrimonio da Deputación, achegáronse ao museo para manter un primeiro contacto coa familia da Fundación Castro Rial. Moita ente recoñece o mérito da familia por manter vivo todo este legado no canto de vender os terreos e mandalo todo para a chatarra, como a se ten feito noutros lugares. E nese sentido, a Deputación tamén quixo trasladarlles os seus parabéns por ter coidado este legado, que Regueira considera como “un valor incalculable”. Regueira valora o traballo da Fundación, e entende que “seguen tendo interese en mantelo vivo. Ata agora ningunha administración se achegara para buscar sinerxias positivas, polo que nos recibiron moi interesados e nos informaron de todo”. “Falamos dun recurso único a nivel galego, e somos conscientes de que se non actuamos, o tempo é implacable, de aí que nos interesemos neste Museo. Ao museo estanlle pedindo pezas doutros museos moi importantes. Algún motor que hai aí non o hai en ningún outro lugar do mundo. A nivel industrial, patrimonial e arquitectónico é un verdadeiro referente do Naval a nivel peninsular. Por iso viñemos facer un primeiro contacto coa Fundación e facer un primeiro achegamento á colección”, sinala. ”Agardamos dar unha boa sorpresa, que poidamos anunciar que vai haber un acordo marco de colaboración no futuro próximo”, apunta un Regueira que aposta pola recuperación de espazos máis que pola creación de outros novos. A Deputacion interesase polo Museo Seo de Corcubion

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/a-deputacion-intentara-reflotar-o-museo-seo-de-corcubion/20160225131652080156.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA